As seleccións galegas sub 14 e sub 16 debutan este venres contra Valencia e Andalucía
Por Mónica Patxot & Manu Otero
Despois da gala oficial de recepción a todas as seleccións participantes na fase oro e a fase prata do Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub 14 e sub 16 que tivo lugar este xoves no Pazo da Cultura de Pontevedra, chegou a hora de que o balón bote a rodar.
Desde primeira hora deste venres comeza a fase final dun campionato no que participa un total de 38 seleccións. Entre elas está o combinado galego, que opta ao título nacional tanto en categoría sub 14 como sub 16 e farao no recentemente bautizado complexo deportivo Manolo Barreiro da Xunqueira.
As seleccións galegas abren fogo este venres na fase de grupos. A sub 14 que dirixe Jesús López estrearase contra a Comunidade Valenciana a partir das 10 horas. Mentres que a sub 16 de David Páez farao pola tarde, a partir das 19 horas, no mesmo escenario fronte a Andalucía.
Todos os partidos deste evento serán retransmitidos en directo por streaming a través da páxina web da Real Federación Española de Fútbol. Ademais, a Federación Galega de Fútbol habilitou unha web específica para poder consultar todos os datos e detalles do campionato.
Relacionadas:
-
Cataluña deixa a Galicia sen final no Campionato de España Sub-14 de Pontevedra
Por Redacción |
-
As seleccións galegas sub 14 e sub 16, directas a semifinais do nacional
Por Redacción |
-
Todo listo en Pontevedra para recibir ás mellores seleccións autonómicas sub 14 e sub 16
Por Redacción |
-
Sorteada a fase final do Campionato de España Sub-14 e Sub-16 de fútbol que se celebrará en Pontevedra
Por Redacción & Mónica Patxot |