O Cisne renova outro dos seus novos talentos, o lateral Rubén Sequeiros
Por Redacción
O Club Cisne Balonmán avanza con paso firme na planificación da próxima tempada, principalmente no que respecta a a continuidade do seu talento novo.
Un deses casos é o lateral esquerdo Rubén Sequeiros, que confirmou a súa continuidade por un ano máis co club pontevedrés.
Aos seus 18 anos Sequeiros afronta o novo curso coa esperanza de acumular minutos de experiencia na Liga Asobal, e agradecido "á directiva por confiar en min para este proxecto e sobre todo aos meus compañeiros por estar a me apoiar en todo momento. Espero vervos a todos no Municipal", sinalou.
RENOVACIÓN | Y seguimos con buenas noticias en lo referente a las renovaciones, el lateral izquierdo Rubén Sequeiros de 18 años, también continúa en el Club ¡Muy contentos de que sigas con nosotros! #SomosCisne #OrgullososdoNoso pic.twitter.com/UvjHV9Stma
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) July 5, 2022
O lateral é a undécima peza confirmada para o novo proxecto cisneísta, da man do adestrador Javier Márquez, ao sumarse ás renovacións de Bruno Vázquez, Carlos Ocaña, Iván Calvo, Román Arboleya, Alejandro Conde, André de Moura e Mateo Arias, as fichaxes de Kilian Ramírez e Gualther Furtado e á continuidade de Roney Franzini, cedido no tramo final de liga. Ademais o porteiro Abián Rodríguez contará con ficha do filial.
Pola súa banda o porteiro internacional xuvenil Pablo González, tamén renovado, xogará a préstamo un ano no Balonmán Reconquista de Vigo.
Relacionadas:
-
Dani López tamén sela a súa renovación co Cisne
Por Redacción |
-
Javi Vázquez xogará un ano máis co Cisne
Por Redacción |
-
Carlos Álvarez apúntase ao proxecto do Cisne en Asobal: "Estou seguro que vai ser un ano moi bonito"
Por Redacción |
-
Andrés Sánchez despídese do Cisne: "Este último ano foi precioso, deixar ao club no máximo"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O cisneísta Marko Ojeda, ao Festival Olímpico da Mocidade Europea
Por Redacción |
-
Javier Márquez: "El objetivo es seguir creciendo y consolidar al equipo en Asobal"
Por Almu Dapena |
-
O Cisne sela a súa portería coas renovacións de Roney Franzini e Abián Rodríguez
Por Redacción |
-
Carlos Ocaña amplía a nómina de renovados no Cisne
Por Redacción |
-
Bruno Vázquez tamén se apunta ao reto do Cisne en Asobal
Por Redacción |