'Volvemos para quedar', campaña de socios do Cisne no seu retorno á Liga Asobal
Por Diego Espiño
O Club Cisne Balonmán presentou este martes a súa campaña de socios para a tempada 2022/2023, na que competirá por segunda vez na súa historia na liga Asobal, a máxima categoría nacional.
En toda unha declaración de intencións, o lema elixido é 'Volvemos para quedar', aínda que para iso piden a implicación da cidade.
"Vai ser fundamental para apontoar o proxecto na parte económica. Pedimos o apoio da xente para poder pasar pola categoría sen abafos", explicou ante os medios de comunicación o presidente cisneísta, Santi Picallo.
Para iso o Cisne quere "esquecerse de rivalidades" para demostrar que "somos unha cidade de balonmán", gozando do paso polo Municipal dos mellores equipos do Estado.
En canto aos prezos fixados, son os seguintes:
- ADULTO: 115 euros
- FAMILIAR (dous adultos + 1 menor): 230 euros
- FAMILIAR BASE: 210 euros
- XUBILADOS: 60 euros
- UNIVERSITARIO: 60 euros
- XUVENIL (menores de 18 años): 40 euros
- SIMPATIZANTE (catro partidos de liga excepto Cangas e Barcelona): 30 euros
- SOCIO PROTECTOR: 300 euros
Os abonos poden formalizarse a través da páxina web www.clubcisne.es.
PRESENTACIÓN DE KILIAN RAMÍREZ
A rolda de prensa do Cisne serviu ademais de presentación oficial do porteiro canario Kilian Ramírez, un das fichaxes desta tempada procedente do outro equipo da cidade, un Teucro ao que "gardo un gran respecto", recoñeceu.
O gardameta revelou que "tiña algo pechado con outro equipo pero cando vin que había posibilidade de xogar en Asobal e volver a Pontevedra non mo pensei", ao ser a Asobal a categoría na que "quero estar".
Relacionadas:
-
O Cisne empata contra o ABC Braga no seu segundo test de pretempada (35-35)
Por Redacción |
-
Vitoria en Portugal para o Cisne no seu primeiro amigable da pretempada
Por Redacción |
-
A Liga Asobal xa ten folla de ruta para o Cisne, que debutará o 3 de setembro fronte ao Anaitasuna
Por Diego Espiño |
-
Todos os partidos do Cisne en Asobal poderanse ver en LaLigaSportsTV
Por Redacción |
-
O Cisne, recibido en Santiago polo vicepresidente da Xunta Diego Calvo
Por Redacción |
-
O novo Cisne de Márquez inicia a carreira pola permanencia
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Álex Chan non baixa do barco do Cisne e tamén seguirá co equipo en Asobal
Por Redacción |
-
Dani López tamén sela a súa renovación co Cisne
Por Redacción |
-
Asobal fixa en 56.000 euros o canon para pagar polo Cisne
Por Diego Espiño |
-
Kilian Ramírez cambia a portería do Teucro pola do Cisne para competir en Asobal
Por Redacción |