Tres puntos de ouro para o Pontevedra que vence (0-2) ao ÿrdenes no seu mellor partido como visitante
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Golpe de autoridade. No escenario máis difícil. Fronte ao rival máis complicado. O Pontevedra ofreceu a súa mellor versión do que levamos de tempada para obter unha importantísima e merecida vitoria fronte a un Ordes que ata a data mostrouse intratable no seu campo, onde únicamente cedera un punto e encaixado dous goles, os mesmos que lle fixeron os granates, que venceron e convenceron.
Certo que aos de Manu Fernández custoulles entrar no partido. De feito os primeiros 25 minutos foron de dominio local, cunha primeira ocasión, minuto 16, na que Javi Rey rematou un centro de Cabrejo, só no segundo pau, pero Edu respondeu cunha gran parada, atallando o remate en dous tempos.
Sería algo así como o "canto do cisne" do equipo que adestra Nacho. Porque enseguida chegaría a reacción visitante. E curiosamente o cambio de rumbo do partido viría a consecuencia dunha acción desgraciada para o Pontevedra, que perdía por lesión a Moreira, cun forte "bocadillo" muscular, que lle obrigou a retirarse.
Manu Fernández move ficha e decide substituír ao centrocampista por un dianteiro, dando entrada a Kevin, pasando a xogar prácticamente cun 4-2-4 elástico, no que a movilidad de Luismi, Richi, Kevin e Pablo Carnero obrigaba aos locais a renunciar á posesión de balón, sufrindo cando os visitantes atacaban.
A intensidade de Kevin no traballo de presión arrastrou ao equipo, que empezou a crecerse. Pablo Lede estivo inmenso nas tarefas de enganche e botando unha man a un Candela prodixioso no corte, ademais de dar ao equipo un equilibrio nunca visto ata agora.
As consecuencias non se fixeron esperar. Os centrais, Pablo e Miguel, sentíronse fortes e deron seguridade aos seus compañeiros para irse arriba, e os laterales non dubidaban, especialmente Feito, cada xornada con máis peso no equipo.
O campo comezou a inclinarse ao lado granate. O xogo discorría case sempre máis cerca do área de Mario que da de Edu. E empezaron a chegar as ocasións. A máis clara, por partida dobre, á media hora. Carnero superou ao porteiro local, pero Antonio salvou baixo paus. No rexeite Miguel disparou de novo e pediu penalti por mans de Cabrejo, que o árbitró non estimou punibles.
Logo intentouno Luismi, desde a frontal, pero o seu remate marcharíase xunto á cepa do poste. O Pontevedra mandaba, pero faltáballe o gol para certificar e facer xustiza ao seu mellor labor sobre o campo.
Tralo descanso seguiu a mesma tónica. O Ordes non conseguía crear perigo. Case nin traspasar a liña central do campo co balón controlado. Mentres, os granates deixaron claro que non se conformaban co empate, arriscando, mandando, dominando o partido e ao rival.
Esa intensidade provocou a xogada que sería definitiva para a sorte do partido, cando Lede lévase un balón dividido, Mariño chega tarde ao cruzamento e derríballe, vendo a segunda amarela, o que supoñería a súa expulsión. Era o minuto 67, e o equipo de Nacho confiou a súa sorte a manter o marcador a cero, intentando cortar o ritmo. De pouco lle serviu.
Só seis minutos logo da expulsión chegaba o primeiro gol pontevedrés. Asinado a medias por Kevin, que foi o seu autor ao anticiparse co interior da súa bota esquerda á acción defensiva de Cabrejo, e por David Feito, que puxo un medido e preciso centro de rosca que de seu era medio gol.
O tanto fixo estirarse ao Ordes, que buscou o empate polo camiño máis curto, e estivo a piques de conseguilo na súa segunda e última ocasión seria de todo o partido, pero Abelenda mandou fóra o remate por intentar colocalo. Era o minuto 81, e un máis tarde chegaría a sentenza, con outro precioso gol visitante.
Luismi perseguiu un balón case perdido nun cambio de orientación. Alcanzouno xunto ao banderín de corner. Foise de Álex Castro e centrou ao segundo pau onde estaba Pablo Carnero, quen de cabeza picou o balón batendo case sen ángulo a Mario.
Foi o xusto premio a un Pontevedra enorme, tanto individual como colectivamente. Un equipo serio, solidario nas axudas, ben situado, ambicioso e traballador, no mellor partido dos granates lonxe de Pasarón.
S.D. ÿRDENES (0): Mario (2); Álex Castro (1), Torres (2), Antonio (1), Cabrejo (1); Rodri (2), Mariño (1); Martín (2), Ángel (1), Javi Rey (1); e Abelenda (1).
Sustitucions: Vía (1) por Rodri, minuto 59. Denís (s.c.) por Ángel, minuto 89.
PONTEVEDRA C.F. (2): Edu (2); Adrián (2), Pablo (2), Miguel (3), David Feito (3); Candela (3); Richi (2), Moreira (s.c.), Pablo Lede (3), Luismi (2); e Pablo Carnero (3).
Sustituciones: Kevin (3) por Moreira, minuto 22. Caco (s.c.) por Richi, minuto 80. Ismael (s.c.) por Luismi, minuto 89.
Árbitro: David Novás Benavides (Vigo), auxiliado nas bandas por Emilio José Costas Soto e José Antonio Varela Varela. Expulsou por dobre amoestación a xogador local Mariño (minuto 67). Amoestou a Javi Rey, Torres, Cabrejo, Martín, Rodri e Álex Castro, polo ÿrdenes, e a Luismi e Pablo Carnero, polo Pontevedra. Tamén expulsou ao adestrador local, Nacho, por protestar (minuto 77).
Goles: (0-1) Minuto 73: Kevin. (0-2) Minuto 82: Pablo Carnero.
Incidencias: Campo de Vista Alegre (Ordes). Uns 200 espectadores.
VESTUARIOS:
Nacho: "Si fose árbitro do colexio de Vigo sentiría vergonza de ter un compañeiro como este, das actitudes que tivo cos meus futbolistas"
NACHO: Aínda que non deixou de recoñecer que o Pontevedra fora superior, o técnico local cargou duramente contra o colegiado do partido: "Non foi dos nosos mellores días. Eles a partir do minuto 20 dominaron máis, pero vímonos un pouco descentrados pola actitude do árbitro. Era un partido para gañar e colocarnos nunha zona mellor que estabamos, pero foi unha pena e non puido ser. Si fose árbitro do colexio de Vigo sentiría vergonza de ter un compañeiro como este, das actitudes que tivo cos meus futbolistas. ÿ a segunda vez que nos pasa, precisamente cun árbitro da zona de Vigo e o de hoxe é, xa non sei si dicir de risa ou de pena".
"Logo da expulsión de Mariño xa era case imposible e tivérono máis fácil, aínda que teño que recoñecer que con once tampouco tivemos moitas opcións de facerlles dano. Eu non vou a enxuiciar ao Pontevedra, aínda que creo que últimamente melloraron bastante. Nós parece que temos unha pedra encima con este colexio de árbitros e non entendo por que. O que non se pode é vir provocarnos e nalgún caso ata a humillarnos personalmente. Houbo algunha declaración do árbitro cara a algún xogador que é impropia dunha persoa que se chame árbitro e que veña a impartir xustiza. ÿ a segunda vez que nos pasa con árbitros de Vigo. Non sei si hai persecución ou que, pero o outro día 14 tarxetas e hoxe xa nos vén a chamar a atención antes de empezar o partido que á mínima bótanos fóra".
Manu Fernández: "A partir da primeira ocasión de gol que tivemos xa nos fixemos co control, levamos o peso e penso que somos xustos vencedores"
MANU FERNÁNDEZ: Satisfeito, como non podía ser doutra forma, estaba o adestrador granate: "Creo que demos unha moi boa imaxe. Salvo algúns erros puntuales ao principio de concentración, creo que fixemos un partido moi completo. Espero que nos sirva de punto de inflexión para os partidos contra os equipos de arriba. Cústanos habitualmente entrar nos partidos e hoxe non foi unha excepción, pero a partir da primeira ocasión de gol que tivemos xa nos fixemos co control, levamos o peso e penso que somos xustos vencedores".
"Sabiamos ao que viñamos. Só nos servía gañar, porque todo o que non fose iso manteríanos lonxe dos primeiros. Metín a Kevin porque neste campo quizais non é tan necesario xogar con tres centrocampistas e é certo que o equipo mellorou co cambio, sobre todo porque nos deu ese plus de pegada, de incordio ao rival que lles obrigou a meterse un pouquiño atrás. Os goles chegaron de dous moi bos centros laterales e dous moi bos remates que espero déannos confianza para transformar as ocasións que creamos, que nos estaba custando".