O quinteto de Antonio Fernández
Por Manu Otero
Proxecto novo, corpo técnico novo. A tempada de Primeira Federación está a piques de comezar e no banco de Pasarón veranse moitas caras novas. Non só xogadores, tamén técnicos.
Antonio Fernández relevou a Ángel Rodríguez como director técnico da nave granate e o elenco de axudantes tamén variou. Manteñen o mesmo rol que o ano pasado o segundo adestrador Sergio Moreira, o adestrador de porteiros Moncho Martínez e o fisioterapeuta Borja Ríos.
Con todo, o novo adestrador trouxo consigo dous homes de confianza. Da preparación física do primeiro equipo encárgase Dani Vilas, que xa traballara con Fernández Rivadulla no Vilalonga e que tamén ten experiencia noutros equipos como o Santiago Futsal.
O responsable da análise dos rivais e a xestión de datos é Álex Salgado, outra persoa da máxima confianza do míster co que xa colaboraba na súa etapa anterior no San Roque de Lepe.
Relacionadas:
-
De analista a responsable dos adestramentos nunha tempada, Álex Salgado abandona o Pontevedra
Por Manu Otero |
-
Un atrevido Pontevedra deixa un bo sabor de boca no arranque ligueiro contra o Alcorcón (1-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra leva á súa equipación o principal símbolo da cidade: a Peregrina
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra agarda a un Alcorcón "aspirante a campeón" con todos os seus reforzos dispoñibles
Por Manu Otero |