Peche de filas no Pontevedra ao redor de Antonio Fernández
Por Diego Espiño
A derrota en León, sobre todo polas malas sensacións, deixou un resaibo amargo no Pontevedra Club de Fútbol, que xa mira cara ao seu futuro próximo coa visita do próximo domingo 30 de outubro (17.00 horas) do San Fernando ao Estadio Municipal de Pasarón.
Será un duelo vital para os granates, ante as dúbidas que xeraron no ambiente as seis xornadas que acumula o equipo sen gañar.
Demasiado tempo sen sumar tres puntos que, en todo caso, non esgotou o crédito do técnico, e é que no Pontevedra pechan filas ao redor de Antonio Fernández convencidos de que aínda pode reverter a situación.
Esa é polo menos a mensaxe que se transmite nunha semana que se iniciou con reflexión no vestiario, xa que o corpo técnico e o director deportivo, Toni Otero, dirixíronse aos futbolistas nunha longa charla de preto de 45 minutos nos vestiarios de Pasarón antes de iniciar a sesión do luns, que tivo lugar no segundo campo do Complexo Deportivo Manolo Barreiro da Xunqueira.
Unha petición de unión e esforzo nun momento delicado que se ve acompañado a nivel deportivo coa recuperación de efectivos, xa que tanto Samu Araújo como Luís Martínez iniciaron a semana ao mesmo ritmo dos seus compañeiros, deixando como as única baixas previstas salvo contratempo para o próximo partido de liga será a de Libasse Guèye, concentrado estes días coa selección sub-23 de Senegal, e de Yelko Pino por sanción.
Relacionadas:
-
Antonio Fernández: "Presión non, pero queremos buscar unha vitoria que nos de tranquilidade para seguir traballando"
Por Diego Espiño |
-
Pasarón, o talismán ao que se encomenda o Pontevedra para levantar o voo
Por Diego Espiño |
-
Freada con Seoane e precaución cos xogadores que saen de lesión
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra estrea servizo de venda en liña de entradas
Por Redacción |
-
A baixa de Yelko por sanción abre novas opcións no once do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O Manresa de Segunda RFEF, rival do Pontevedra na primeira rolda da Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
Antonio Fernández, tras a derrota ante a Cultural Leonesa: "Nos hemos visto sobrepasados"
Por Almu Dapena |
-
O balón parado condena a un Pontevedra falto de ideas en León (2-0)
Por Almu Dapena |