A piscina da Escola Naval, refuxio do Waterpolo Pontevedra para os seus primeiros partidos en categoría nacional
Por Redacción
A Primeira División Nacional Feminina de Waterpolo aterrará a próxima fin de semana por primeira vez en Pontevedra coa segunda xornada de liga para o Waterpolo Pontevedra, ou máis ben farao en Marín.
Ao non poder contar aínda coa piscina olímpica de Ponte Muíños, o recentemente ascendido conxunto pontevedrés fará historia estreándose o vindeiro sábado 29 de outubro na casa xogando na Escola Naval.
As instalacións militares acolleron adestramentos e partidos do club desde o peche de Rías de Sur, e polo momento seguirano facendo no seu debut en categoría nacional.
Esta situación obriga o Waterpolo Pontevedra a unha certa planificación, xa que aínda que se mantén a entrada de balde para o público, por motivos de seguridade será necesaria unha inscrición previa para poder asistir ao encontro que lle medirá o sábado ás 17.00 horas ao Club Natación Ciudad de Alcorcón.
O prazo de anotación permanecerá aberto ata as 15.00 horas do venres día 28 a través desta ligazón.
Será a segunda xornada de liga para o Waterpolo Pontevedra, que se estreou en categoría nacional na piscina do potente Real Canoe madrileño con boas sensacións, pero con derrota que terminou sendo clara no marcador.
Relacionadas:
-
Reunión entre o PP e os clubs afectados polo peche de Rías do Sur para "buscar solucións conxuntas"
Por Redacción |
-
Os cadetes Mario Touriño e Mario Paz, do Waterpolo Pontevedra, citados pola RFEN
Por Redacción |
-
Histórica vitoria do Waterpolo Pontevedra á conta do Mallorca
Por Redacción |
-
Derrota do Waterpolo Pontevedra ante un dos favoritos ao ascenso, o UE Horta
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra escápaselle a vitoria nos últimos minutos (9-10)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Waterpolo Pontevedra debuta en Primeira Nacional con derrota ante un superior Real Canoe (18-8)
Por Redacción |
-
O waterpolo pontevedrés exporta talento ás categorías nacionais
Por Redacción |
-
Dúas xogadoras do Waterpolo Pontevedra disputan os Xogos Suramericanos
Por Redacción |
-
Balance positivo do Waterpolo Pontevedra de Primeira Nacional nos seus catro primeiros amigables
Por Redacción |