Ramón Touza e Juan Romero, distinguidos coa insignia de ouro e brillantes da Sociedad Gimnástica
Por Redacción
A Sociedad Gimnástica de Pontevedra rendeu homenaxe a "dúas das persoas que máis traballaron por esta entidade", como son Ramón Touza e Juan Romero.
Nunha cea celebrada no restaurante Casa Román, os dous ex-directivos recibiron a insignia de ouro e brillantes do veterano club deportivo.
Con Touza, que presidiu a Gimnástica durante 22 anos (desde 1995 ata 2017), e Romero na directiva ximnástica o club atlético conseguiu non só colocar ao seu equipo masculino na División de Honra senón a súa permanencia na elite máis dunha década de maneira consecutiva. Ademais a entidade pontevedresa foi nomeada en varias ocasións durante ese período como mellor club galego.
A cea de homenaxe contou coa presenza de amigos e personalidades como o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, o deputado provincial Gorka Gómez, a deputada autonómica Lupe Murillo e o concelleiro de Deportes, Tino Fernández, entre outros.