O Teucro queda "tirado" no aeroporto de Lanzarote
Por Redacción
Os xogadores da Sociedad Deportiva Teucro volveron a sufrir os problemas do tráfico aéreo e quedáronse "tirados" en Lanzarote, segundo a información facilitada polo club de balonmán pontevedrés.
Indican que o avión da compañía Vueling que tiña que saír na tarde deste mércores ás 19.35 horas foi aprazando a súa saída ata que ás 23.30 horas informaban á expedición de que o voo sairá ás 11.15 horas deste xoves.
Con todo, unha vez que os xogadores e equipo técnico agardaban nesta xornada festiva no aeroporto de Lanzarote, as pantallas informan de que o voo sairá ás 15.20 horas.
O club indica que o equipo se atopa "rebentado e moi baixo de moral". A directiva do conxunto azul está a realizar xestións ao longo desta xornada coa intención de aprazar o partido previsto para este sábado contra o OAR na Coruña.
Fuentes do club lembran que é a terceira vez que sofren esta situación de atrasos permanentes nestas viaxes, a última este mesmo ano noutra viaxe ás Illas Canarias.
O conxunto teucrista e o seu corpo técnico lograba chegar a media tarde deste xoves a Galicia, despois de moitas horas de espera.