Dobre representación do Natación Galaico no Campionato de España Absoluto de Inverno
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Club Natación Galaico prepárase para afrontar unha das competicións máis tempadas da tempada de piscina curta, o Campionato de España Absoluto de Inverno.
A cita reunirá do 16 ao 18 de decembro en Sabadell á elite da natación nacional, e alí estará unha dobre representación da entidade pontevedresa desafiando unha vez máis aos problemas que teñen os deportistas para adestrar.
Trátase de Antía García e Alicia Bouzas, únicas representantes do Galaico no campionato nacional.
O programa máis completo será o que afrontará Alicia Bouzas, ao ter previsto participar nas probas de 200 Costas, 200 Estilos, 200 Bolboreta, 100 Costas e 400 Estilos.
Pola súa banda Antía García inscribiuse nos 15 e 100 Libre e na 50 Bolboreta.