O Club de Remo Ría de Marín consegue catro medallas no campionato galego
Por Redacción
A localidade de Castrelo de Miño acolleu o pasado domingo o Campionato Galego de Longa Distancia de Remo Olímpico, no que participou o Club de Remo Ría de Marín con 18 remeiros, dos que 7 conseguiron medalla.
Acadaron o ouro na modalidade de dous sen timonel as xuvenís Saioa Iglesias e Pilar García, así como os cadetes Hugo González e Xairo Rivadulla. A prata foi para os cadetes Martín Vázquez e Manuel Caiño na modalidade doble scull, e para Xián Gutiérrez en skiff.
Esta era a primeira cita da tempada para os de Marín, antes do comezo da liga en marzo. "Supón, sen dúbida, un gran pulo para o que está por vir", aseguran desde a entidade.
Antes do comezo da tempada de competicións, o próximo 19 de febreiro, seis remeiros do clube que forman parte da selección galega participarán no campionato de España por autonomías.