O waterpolo nacional pon os seus ollos na canteira pontevedresa
Por Redacción
O cadete do CW Pontevedra, Mario Paz, volve entrar na órbita da Real Federación Española de Natación. Por terceira vez no que vai de tempada, o prometedor waterpolista do cadro pontevedrés foi convocado pola RFEN para participar nunha serie de adestramentos “personalizados” de waterpolo masculino, que terán lugar no CAR de Sant Cugat (Barcelona) do 5 ao 8 de marzo.
Paz volverá participar nestes adestramentos de seguimento xunto a outros sete deportistas de comunidades de fóra de Cataluña.
"É un novo éxito e un premio para Mario", destacan desde o club ao que chegou o pasado curso procedente do Mariña Ferrol. Esta tempada tomou a decisión de mudarse a Pontevedra para poder adestrar e competir con mellores garantías. "Todo o sacrificio está a ter os seus froitos con estas concentracións nacionais", agradecen desde a entidade lerezana.
Relacionadas:
-
Do Waterpolo Pontevedra ao Club Natació Barcelona
Por Redacción |
-
O equipo infantil do CW Pontevedra imponse no autonómico máis disputado
Por Redacción |
-
O CW Pontevedra quere seguir coqueteando co ascenso en Iruña
Por Redacción |
-
O WP Pontevedra inicia a fase polo ascenso con triunfo ante o CN Molins (12-8)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O CW Pontevedra inicia este sábado a fase polo ascenso á elite do waterpolo
Por Redacción |
-
Os cadetes Mario Touriño e Mario Paz, do Waterpolo Pontevedra, citados pola RFEN
Por Redacción |