Erika Abilleira, campioa galega de kick boxing, recibida no Concello de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade homenaxeou a Erika Abilleira Costal tras proclamarse campioa galega absoluta de Kick Boxing Low Kick 2023 cunha recepción oficial no Consistorio e a entrega dunha placa conmemorativa da súa xesta deportiva entregada polo alcalde, Jorge Cubela.
Erika Abilleira Costal, de 19 anos de idade, é veciña de Pazos (Cerdedo- Cotobade) e logrou este ano na categoría absoluta de menos de 65 quilos o campionato galego de Kick Boxing Low Kick 2023 celebrado o pasado 11 de marzo na localidade coruñesa de Sobrado dos Monxes.
Aínda que se proclamou campioa de Galicia na modalidade de Kick Boxing Low Kick, Erika Abilleira Costal, practica como principal disciplina o Muay Thay e é adestrada tamén por un técnico local, Toni Garrido, afeito a conseguir grandes logros cos seus pupilos.
O alcalde, Jorge Cubela, felicitou á loitadora de Cerdedo-Cotobade e salientou a importancia que está a ter nos últimos tempos a práctica deportiva no municipio onde está destacando un número importante de deportistas que están a acadar logros extraordinarios como o de Erika Abilleira Costal que pese á súa curta idade xa é toda unha campioa.