Viktor Nikolov, terceiro porteiro do Pontevedra, lesionado durante un adestramento
Por Redacción
Baixa no vestiario do Pontevedra Cf. O gardameta búlgaro Viktor Nikolov, de 21 anos e actualmente terceiro porteiro do club granate, sufriu unha lesión por unha caída durante o adestramento.
Os servizos médicos do club informaron a última tarde este mércores que o gardameta sufriu unha caída durante o adestramento do pasado luns, 3 de abril, producíndose unha lesión no dedo V da man esquerda.
Tal e como consta no parte médico facilitado polo equipo, o porteiro presenta unha luxación interfalángica proximal cun arrancamento óseo en zona anterior proximal de segunda falanxe.
Os servizos médicos realizáronlle a Viktor Nikolov unha redución no campo e, tras un control radiográfico, procedeuse á inmobilización do dedo afectado.
O club non informa do tempo previsto para a recuperación da lesión.
Relacionadas:
-
Promocións para o Pontevedra-Mérida con entradas de balde e a metade de prezo para socios
Por Redacción |
-
Unha parte importante do plantel do Pontevedra, con contrato ata 2024
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
A fichaxe do porteiro sub 23 Viktor Nikolov desbloquea a inscrición de Jon Bakero
Por Manu Otero |