Juan Señor: "Conseguimos tres puntos necesarios, importantes, imprescindibles e merecidos"
Por Manu Otero
O adestrador do Pontevedra, Juan Señor, compareceu este domingo en sala de prensa despois da vitoria do seu equipo fronte ao Sanse satisfeito co traballo dos seus xogadores e co resultado. "Son tres puntos necesarios, importantes, imprescindibless e creo que merecidos", detallou.
No seu discurso, Señor quixo destacar o traballo de todos os xogadores, tanto os once titulares como os suplentes. "A esencia dun equipo é que hai once futbolistas e hai outros que poden achegar nese plan de partido e están polo labor", dixo sen querer personalizar.
A pesar da vitoria, remarca o técnico que aínda non se conseguiu nada. "Gañamos pero non fixemos nada, hai que pensar no seguinte", sostén o preparador, que destaca que o equipo "sente forte e unido", a pesar de ser conscientes de que "non temos marxe".
Sobre o partido, recoñeceu Señor que "tivemos uns primeiros minutos moi bos de chegadas, logo párase e hai unha especie toma e daca ata que nos marcan ese gol. Quedo con que o equipo foi a por todas e os cambios deron unha serie de variantes que o equipo necesitaba para remontar". Neste sentido, confesa que o triunfo é "un premio que noutras ocasións negóusenos".