Presentada a oitava edición da Pontevedra 4 Picos de BTT
Por Redacción
Vai ser só a súa oitava edición, pero é xa todo un clásico e evento de referencia na programación deportiva local.
A Pontevedra 4 Picos Desafío Rías Baixas presentou este venres unha nova edición da súa proba BTT, que percorre os arredores da Boa Vila ascendendo ao Monte Xaxán, A Fracha, O Castrove e O Acibal.
"Subidas, baixadas, pistas, singletracks, carreiros… fan destes 4 Picos unha proba incrible", sinalan os seus organizadores.
Nesta ocasión a popular proba ciclista, non competitiva, terá lugar o vindeiro sábado 13 de maio, pero antes realizouse un pequeno avance do que se espera dela na presentación oficial levada a cabo no Concello de Pontevedra.
Os ciclistas participantes afrontarán unha ruta de aproximadamente 132 quilómetros na súa opción longa e 2.800 metros de desnivel acumulado positivo, coas catro subidas, e outra opción máis curta de 66 quilómetros e un desnivel de 1.600 metros.
Relacionadas:
-
A 4 Picos Desafío Rías Baixas celebra a súa oitava edición
Por Redacción |
-
A 4 Picos Road estrea nova imaxe pasada pola auga
Por Redacción |
-
A oitava edición da Pontevedra 4 Picos de BTT inicia a súa conta atrás coa apertura de inscricións
Por Redacción |
-
A 4 Picos volve á orixe coa súa sétima edición e con David Vaz revalidando título
Por Cristina Saiz & Redacción | Creada e actualizada