Entradas a metade de prezo para os que vaian vestidos de vermello ao ver o play-off do Poio Pescamar
Por Redacción
O Poio Pescamar conta as horas para vivir un día grande, a súa estrea nunhas eliminatorias polo título de liga. Farao o vindeiro sábado 3 de xuño (18.30 horas) co primeiro partido da serie ao mellor de tres que lle medirá ao Burela Pescados Rubén.
O club vermello quere converter o pavillón da Seca nunha festa, e por iso premiará aos afeccionados que acudan vestidos de cor vermella (camiseta, chaqueta ou similar) con entradas a metade do prezo fixado.
Por unha banda os socios da entidade conserveira non deberán pasar por despacho de billetes, mentres que para o resto de seguidores actívase esta promoción. Desta forma a entrada xeral fixada en 10 euros para adultos e 5 euros para os menores de 16 anos pasaría a custar 5 e 2 euros respectivamente.
As semifinais entre Poio Pescamar e Burela disputaranse ao mellor de tres partidos, xogándose este sábado o primeiro na Seca para viaxar a serie á Mariña lucense o sábado 10 de xuño.
No caso de ser necesario o terceiro e definitivo encontro por un oco na gran final disputaríase en Poio, ao finalizar o conxunto vermello na segunda posición na liga regular e o seu rival no terceiro posto.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar cede ante o Burela no primeiro asalto ao título de liga (1-3)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Dani Sousa, ambiciosa ante a histórica semifinal de liga co Poio Pescamar: "Estamos contentas pero con ganas de máis"
Por Diego Espiño |
-
Poio Pescamar-Burela: Unha semifinal impredicible polo título
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar logra o segundo posto e faise co factor campo para o play-off ao vencer ao Burela (2-1)
Por Ramiro Espiño |