O Náutico de Cobres, gañador en Vilagarcía da segunda regata da liga Galega de Kaiak de Mar
Por Redacción
O Club Náutico de Cobres foi o mellor dos 21 equipos que participaron este sábado na segunda regata da Liga Galega de Kaiak de Mar disputada na Praia de Compostela en Vilagarcía de Arousa.
O equipo de Vilaboa acumulou un total de 1784 puntos, seguido moi de preto do Kaiak Vigo, con 1760 puntos. A terceira praza do podio completouna o Piragüismo Illa de Arousa, con 797 puntos.
Na categoría senior a vitoria foi para Breogán Monteagudo (Naval de Pontevedra) en K1 Sprinter, en segunda posición cruzou a meta Nicolás Parada (Piragüismo Illa de Arousa) e terceiro chegou Juan Oubiña (Marítimo de Combarro).
Na carreira feminina, Carmela Menduiña (Ría de Aldán) logrou a medalla de ouro, a prata foi para Iria Rivas (Náutico Cobres) e o bronce para Antía Vázquez (Piragüismo Vilagarcía).
Finalmente, en en o K2 senior esprínter masculina foi para a parella do Piragüismo Cambados de Fernando Estévez e Miguel Pérez. Acompañáronlle no podio Genaro Divos xunto a Antón Dourado do Piragüismo Illa de Arousa e a embarcación formada por Abel Fernández e Alex Sanromán dos Náutico Cobres.
Relacionadas:
-
O Campionato Galego de Piragüismo inicia no Pontillón do Castro a conta atrás cara ao Nacional
Por Redacción |
-
O piragüismo pontevedrés lócese na casa na Copa de España Sprint
Por Redacción |
-
A Copa de España Sprint de Piragüismo e o Selectivo Nacional Júnior e Sub-23 enchen de actividade o encoro de Pontillón do Castro
Por Redacción |
-
A EP Ciudad de Pontevedra, campioa da primeira Copa de España de Barco Dragón
Por Redacción |