Sorteado o calendario de Terceira RFEF, con estrea a domicilio para Arosa e Pontevedra B
Por Redacción
O Pazo A Paínza, en Arzúa, foi escenario este sábado do sorteo oficial de competición do grupo I da Terceira RFEF para a tempada 2023-2024, con presenza de representantes de todos os equipos participantes.
Entre eles estaban o Arosa, co seu presidente Manolo Abalo á cabeza, e o Pontevedra B, representado polo conselleiro Roberto Feáns.
A liga regular en Terceira RFEF dará comezo o 10 de setembro, e farao con encontros a domicilio para os dous equipos da comarca.
Por unha banda o Arosa comezará visitando o Rápido de Bouzas, mentres que o filial granate fará o propio no feudo do Atlético Arteixo.
Unha semana despois, o primeiro partido como local será co cadro arlequinado recibindo o Gran Peña e o Pontevedra B medíndose ao Viveiro.
En canto aos enfrontamentos entre ambos os dous, terán lugar na xornada 12 (26 de novembro) en Pontevedra e na xornada 29 (14 de abril) na Lomba.
Consulta aquí o calendario completo da Terceira RFEF para a tempada 23-24.
Relacionadas:
-
Derrota pola mínima do Pontevedra B ante o Viveiro
Por Redacción |
-
O Pontevedra B non pasa do empate en Arteixo (1-1)
Por Redacción |
-
O Arosa inicia o curso con derrota ante o Rápido de Bouzas (2-1)
Por Redacción |
-
O Pontevedra cede un empate no último minuto contra o Racing Villalbés, pero gaña nos penaltis (1-1)
Por Redacción |
-
O Arosa volve ao traballo co ascenso a Segunda Federación en mente
Por Manu Otero |