Marcos Vila e Estíbaliz Bugallo, vencedores da II Volta a nado Illa de Tambo
Por Redacción
Máis de 250 nadadores de 10 comunidades autónomas, Arxentina, México, Francia, Ucraína e Reino Unido participaron este domingo na segunda edición da Volta a nado Illa de Tambo-Concello de Poio.
Nunha xornada con condicións espléndidas na ría de Marco Vila Cid (01:27:48), nadador do Club Natación Pabellón Ourense, foi o deportista máis rápido en completar os 6 quilómetros de percorrido da travesía principal, defendendo desta forma o título logrado o pasado ano ao chegar a meta por diante de Iker Pérez García (01:28:01) e Martín Julio Suárez (01:32:34), segundo e terceiro respectivamente.
Na categoría feminina, a gañadora foi Estíbaliz Bugallo Pérez (01:38:37), seguida de Cristina Vallespí Suñé (01:46:58) e Erika Machín Hernández (01:47:59).
Na categoría sen neopreno os primeiros clasificados masculinos foron Joseba Aingeru Saezmiera (01:35:19), Jesús Carlos Quitas Barros (01:35:42) e Óscar Solé Puértolas (01:35:55), mentres que na proba feminina as primeiras foron Elena Quintanilla (01:56:29), Vanesa Rodríguez Pérez (01:59:18) e Joaquina Dalmazzo (01:59:36).
Outra das distancias habilitadas era a de 4,5 quilómetros, onde o gañador masculino foi Adrián Méndez-Benegassi (01:07:17), seguido de David Daporta Méndez (01:08:57) e Antonio Rivas Feal (01:10:27); e a feminina Sara Iglesias Gómez (01:09:07), con Cristina Alayón Mórín (01:22:21) segunda e Carmen Antolín terceira (01:36:44). Aquí, sen neopreno, impuxéronse Juan Manuel Balsera Cuesta (01:13:50) e Ana María Ojeda Dopico (01:54:39).
Por último no percorrido curto de 1.000 metros o gañador masculino foi Lucas Leirós (00:15:10), seguido de Jeyden Silva Guerrero (00:15:23) e Breixo Cao Hermo (00:15:32), mentres que na categoría feminina impúxose Zaida Guerra (00:15:49), seguida de Alba Castro Cidras (00:16:19) e Marta Pereira (00:16:41).
Durante a travesía despregouse un amplo dispositivo de seguridade no mar integrado por 15 embarcacións, máis de 20 kayakistas e 13 pádel surf, e contouse coa colaboración de Protección Civil de Poio e Marín, Emerxencias Sanxenxo, Marina Combarro, Escola Naval Militar de Marín, Club Náutico de Raxó, Garda Civil do Mar, PescaCíes, Pádel Surf Sanxenxo, Club Escola Marítima de Combarro, Real Club Náutico de Sanxenxo, Nauta Sanxenxo e a asociación de voluntarios Vodea.
Relacionadas:
-
Apertura de inscricións para a terceira edición da Volta a nado Illa de Tambo
Por Redacción |
-
A Volta a nado Illa de Tambo fixa a data da súa terceira edición
Por Redacción |
-
Rolda nocturna de vixilancia na Illa de Tambo para evitar accións vandálicas
Por Anxo Lourido |
-
A segunda edición da Volta a nado á illa de Tambo incorpora unha proba curta dun quilómetro
Por Redacción |
-
A Volta a Nado Illa de Tambo pechará o mes de xullo con arredor de 300 nadadores nacionais e estranxeiros