O Cisne comeza a pretempada con vitoria ante o Povoa portugués (31-28)
Por Redacción
Primeiro test de pretemporada aprobado para o Club Cisne con vitoria ante o Povoa AC Portugués por 31-28.
O cadro branco dominou o partido en todo momento, chegando mesmo a colocarse cunha renda de sete tantos de vantaxe. Xa que o resultado era o de menos, o técnico aproveitou para dar minutos a todos os xogadores, destacando especialmente o debut dos xuvenís Pedro, Manu Lorenzo e Xoan.
Sobresaíu tamén a actuación de Franzini en portería cun 50% en paradas, e o ataque de Javiva (sete goles de oito lanzamentos) e de Mateo Arias (cinco goles de oito intentos). Tamén Etayo estreouse como goleador cisneísta con tres tantos e un 100% de efectividade.
Pola súa banda, á cita faltaron Carlos Pombo, que ten unha escordadura no nocello; e Iván Calvo, que se ausentou por un problema persoal.
O seguinte compromiso do Cisne será un triangular a próxima fin de semana no que coincidirá co Ademar León, para seguir despois coaSupercopa Galicia ante o Cangas (27 de agosto) e o Atlético Novás (30 de agosto). Tamén está previsto un último partido, aínda por pechar, o día 2 de setembro.
Relacionadas:
-
O Cisne levanta o pano ligueiro coa visita do Unión Financera Oviedo
Por Diego Espiño |
-
O Cisne presenta as súas armas para unha tempada ilusionante
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A nova campaña de socios do Cisne é "por elas"
Por Diego Espiño |
-
O Cangas leva a Supercopa Galicia ante un combativo Cisne (33-28)
Por Almu Dapena |
-
A Supercopa Galicia, en xogo para Cisne e Cangas
Por Redacción |
-
O Cisne faise co Torneo Peregrina
Por Redacción |
-
O Torneo Peregrina, "un cartel súper atractivo" para ver en acción o novo proxecto do Cisne
Por Diego Espiño |
-
O Cisne inicia a súa aventura en Prata cun plantel rexuvenecido e da casa
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Seis amigables para unha pretempada do Cisne que dará comezo o 3 de agosto
Por Diego Espiño |