Un ouro no Mundial xuvenil con sabor 'cisneísta'
Por Redacción
A Selección Española Xuvenil é, por primeira vez na súa historia, campioa do Mundo de balonmán, e o é en gran parte polo traballo de tres homes vincluados ao Club Cisne Balonmán.
O equipo nacional xuvenil venceu este domingo a Dinamarca (28-23) na final do campionato disputado en Croacia, remontando un marcador en contra ao descanso (13-14) tras un duelo de máxima emoción.
Foi un torneo inmaculado, contando todos os seus partidos por triunfo, incluíndo xa na fase elminatoria vitorias fronte a Alemaña en cuartos de final (32-28) e a anfitrioa Croacia en semifinais (29-37).
Alí estaban como principal responsable técnico Javier Fernández 'Jabato', actual adestrador cisneísta en División de Honra Prata, e dous dos seus xogadores, o primeira liña Carlos Ocaña e o extremo Alberto Delgado, fichado este verán polo equipo pontevedrés para as tres próximas tempadas.
Unha medalla de ouro celebrada ao grande desde a Boa Vila, onde xa esperan o regreso dos seus campións mundiais para renderlles homenaxe antes de que se poñan a preparar a nova tempada co seu equipo, ao que prometen dar moitas alegrías.
— RFEBalonmano (@RFEBalonmano) August 13, 2023
2022 - Campeones de Europa
2023 - Campeones del Mundo
Nuestros #HispanosJuveniles son #FollowTheFuture #Balonmano pic.twitter.com/tqIJR0cbBq
Relacionadas:
-
O Cisne presenta as súas armas para unha tempada ilusionante
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Jabato 'ascende' na Federación e será o novo seleccionador nacional junior
Por Alejandro Espiño |
-
Homenaxe da Deputación aos campións do Mundo de balonmán en categoría xuvenil
Por Redacción |
-
A nova campaña de socios do Cisne é "por elas"
Por Diego Espiño |
-
O Cangas leva a Supercopa Galicia ante un combativo Cisne (33-28)
Por Almu Dapena |
-
A Supercopa Galicia, en xogo para Cisne e Cangas
Por Redacción |
-
O Cisne faise co Torneo Peregrina
Por Redacción |
-
O Torneo Peregrina, "un cartel súper atractivo" para ver en acción o novo proxecto do Cisne
Por Diego Espiño |
-
O Cisne inicia a súa aventura en Prata cun plantel rexuvenecido e da casa
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
A renovación de Carlos Ocaña pon a guinda ao plantel do Cisne
Por Diego Espiño |
-
O extremo canario Alberto Delgado comprométese co Cisne para as tres próximas tempadas
Por Diego Espiño |