Pintos quece motores para a 36 edición da súa carreira popular
Por Redacción
A Asociación Cultural O Máis Alto de Marcón ten xa todo preparado para organizar unha nova edición, e van 36, da Carreira Popular de Pintos.
A cita deportiva, todo un clásico no calendario pontevedrés, celebrarase nesta ocasión o vindeiro sábado 19 de agosto.
Será un evento como de costume pensado para deportistas de todas as idades, que poderán formalizar a súa inscrición na propia zona de saída a partir das 16.00 horas.
As carreiras de categorías inferiores serán as encargadas de abrir a actividade ás 17.30 horas, e a partir dese momento iranse sucedendo ata a carreira absoluta.
Segundo apunta a organización, está prevista a participación de deportistas de distintas disciplinas deportivas, e de integrantes de clubs como a Gimnástica, San Miguel de Marín ou Club Atletismo +9 Moraña.
Ao final da xornada está previsto realizar os tradficionales sorteos con premios doados por diversos colaboradores.