Pablo Bocelo e Eva Piñel, gañadores da XXIV Milla Urbana San Miguel
Por Redacción
A Milla Urbana San Miguel regresou este venres 29 de setembro ás rúas de Marín para celebrar a súa XXIV edición e enchelas de deporte e diversión.
A carreira contou con preto de 700 deportistas das categorías elite masculina e feminina, Sub-16, Sub-14, Sub-12, Sub-10, Biberóns e Máster que comezaron o seu tradicional percorrido na Avenida de Ourense a partir das 18:00 horas.
Pablo Bocelo, da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, volveu lograr o primeiro posto da carreira masculina, esta vez por milímetros, ao facer o mesmo tempo que David de la Fuente (4:24). O podio completouno Gustavo Santiago cun crono de 4:27.
En canto á carreira elite feminina, a primeira en cruzar a liña de mata foi Eva Piñel, do Atletismo Celta, ao parar o cronómetro en 5:18. Seguiuna en segunda posición Xela Martínez (5:20), da Escola Atlética Lucense , e Isabel Caeiro (5:23), da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, foi terceira.
Consulta todos os resultados nesta ligazón