Pontevedra e o Clúster Galego do Deporte buscan vías de colaboración para promocionar a actividade física
Por Redacción
Representantes do Clúster Galego da Industria do Deporte e do Benestar, organismo que engloba a máis de 80 empresas, mantiveron este luns un encontro co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
O obxectivo do encontro era buscar vías de colaboración na promoción da actividade física e deportiva.
De feito o Concello de Pontevedra mostrou o seu apoio ao 'Plan dous millóns', un proxecto que se pon como reto chegar no ano 2030 aos 2.000.000 de practicantes de deporte no territorio galego.
"Teñen posto en marcha un observatorio do Deporte que nos parece moi interesante, polo que quedamos de estudar todas as vías de colaboración con eles", explicou tras a reunión o alcalde da Boa Vila.
"Non se lle escapa a ninguén a cantidade de beneficios que aporta ás nosas vidas o deporte, polo que sempre estaremos apoiando e promovendo iniciativas desde tipo", afirmou Lores.