O Waterpolo Pontevedra complícase, pero gaña pola mínima ao CW Elx (10-9)
Por Redacción
Vitoria pola mínima para o Club Waterpolo Pontevedra tras superar o CW Elx na terceira xornada de liga disputada no Pavillón da Escola Naval Militar de Marín.
O equipo pontevedrés acadou este sábado o seu segundo triunfo da tempada nun encontro que comezou moi igualado.
Foi no segundo cuarto cando se producía a primeira fenda no marcador a favor das locais, que enchufaron un parcial de 3-0 para ir ao descanso cun resultado de 6-3.
As xogadoras do Waterpolo Pontevedra souberon manter esa renda durante o terceiro cuarto malia os intentos do Elx, pero nos minutos decisivos todo cambiou.
O equipo de Lérez empezou a perdoar e as visitantes aproveitaron as súas oportunidades para apertar o marcador nun gol a falta de dous minutos para a conclusión e poñer contra as cordas ao seu rival, que esta vez si soubo aguantar para facerse cos tres puntos (10-9).
Consulta as estatísticas do partido nesta ligazón
Relacionadas:
-
O Waterpolo Pontevedra dá a sorpresa e supera o líder CN Vallirana nos penaltis (12-14)
Por Redacción |
-
Derrota clara do Waterpolo Pontevedra contra o Iruña (16-7)
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra chega vivo ao descanso, pero desínflase no último cuarto (13-8)
Por Redacción |
-
A canadense Capucine Monteil, reforzo para o Waterpolo Pontevedra
Por Redacción |
-
Inicio de liga con vitoria para o Waterpolo Pontevedra contra o Dos Hermanas (14-8)
Por Redacción & Cristina Saiz |