O mellor bádminton galego regresa este sábado a Pontevedra
Por Redacción & Mónica Patxot
O Centro Galego de Tecnificación Deportiva acollerá este sábado a partir das 10:00 horas a sexta edición do trofeo Cidade de Pontevedra de Bádminton.
O evento foi presentado este venres pola concelleira de Deportes, Anabel Gulías, e o presidente do Club Bádminton Ravachol Pontevedra, Jesús Pereiro.
Gulías indicou que esta sexta edición fala "do esforzo e da constancia do club, que leva moito tempo visibilizando o bádminton, amosando a capacidade e o potencial das persoas que practican esta disciplina. Quero manifestar a miña alegría por colaborar con este tipo de eventos e animar ao club a seguir traballando, seguindo un camiño que dá os seus froitos, tal e como demostra a súa praza na División de Honra".
O trofeo Cidade de Pontevedra volverá ser puntuable para o ránking nacional nas categorías sub-15 e sub-19, polo que "as mellores raquetas de Galiza terán unha cita en Pontevedra", subliñou.
Jesús Pereiro, por último, recalcou a importancia deste campionato que contará con algúns dos deportistas máis prometedores a nivel galego, como Darío Míguez ou Sara del Castillo, que ademáis son os actuais campións de España, ou a Rubén Gomerón e Ana Novoa.