Peche de mercado sen fichaxes e coas baixas de Richi e Santi Domínguez
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol non pechou a fichaxe de ningún futbolista nas últimas horas do prazo habilitado pola Federación Galega.
O que si se produciu, tal e como confirmou o director deportivo dos granates, Milo Abelleira, son as baixas federativas de Richi e Santi Dominguez.
Ambos os dous xogadores sen embargo aínda deben resolver a súa situación contractual, pois a súa vinculación co Pontevedra finaliza o próximo 30 de xuño.
A intención de Abelleira é "negociar el lunes con ellos el tema del contrato".
Con este movemento o club granate, ao contar con dúas fichas libres, deixa aberta a posibilidade de reforzarse nos próximos meses con algún futbolista profesional que se encontre actualmente sen equipo.