La Brilat se lanza al monte esta semana para sumarse a la campaña contra los incendios

Pontevedra
12 de agosto 2019

Será en cumplimiento de la operación Centinela Gallego, que este año, por primera vez en los doce años que lleva en marcha, retrasó su inicio hasta el mes de agosto. La Consellería de Medio Rural el Ministerio de Defensa ya ratificaron el convenio preciso para hacer efectivo este operativo, que tiene un presupuesto de 469.604,41 euros 

Inicio de la operación Centinela Gallego de la Brilat y la Armada
Inicio de la operación Centinela Gallego de la Brilat y la Armada / Mónica Patxot

A Brigada Gaicia VII Brilat volverá estar nos montes galegos a partir do próximo xoves 15 de agosto para reforzar, un ano máis, a vixilancia contra os incendios forestais. Será en cumprimento da operación Centinela Galego, que este ano, por primeira vez nos doce anos que leva en marcha, retrasou o seu inicio ata o mes de agosto.

PontevedraViva xa adiantara que esta operación este ano non empezaría en xullo, como era habitual, senón en agosto. Ata hai escasos dias, nin sequera se asinara o convenio que ratifican anualmente a Xunta de Galicia e o Ministerio de Defensa para facer efectivo este operativo. 

Fontes da Consellería de Medio Rural confirmaron que ese convenio de colaboración xa está asinado e que este xoves 15 empezará a campaña, que durará ata o 30 de setembro. 

Ese dia despregaranse un total de 27 patrullas militares terrestres e dous equipos de mantemento móbil para sumarse o dispositivo de loita contra os incendios forestais da Xunta de Galicia no marco desta operación, na que están implicadas a Brilat e a Armada.

A Consellería do Medio Rural financiará o importe dos gastos que se produzan con motivo desta colaboración. O orzamento previsto para o recoñecemento, despregamento, actividade operativa e relevos da unidade das Forzas Armadas é dun total de 469.604,41 euros.

O obxectivo principal desta campaña é implementar a vixilancia e identificación dos potenciais axentes causantes dos lumes forestais, ao tempo que se busca que a propia presenza de medios militares no monte os disuada deste tipo de prácticas delituosas.

O Ministerio de Defensa levará a cabo os despregamentos operativos de patrullas terrestres -neste caso un total de 27 formadas por militares sobre vehículo- durante a campaña de alto risco de incendios forestais en Galicia. Este despregamento poderá ser en caso de situacións de risco alto ou moi alto, chegar ás 75 patrullas e 2 helicópteros de vixilancia.