Se vostede ama o risco e quere experimentalo, non faga puenting, nin barranquismo, nin pesque tiburóns no Caribe, nin escale altos picos xeados, nin tome polo… nin monte en "globo", nin sexa xornalista de guerra, nin faga parapenting, nin acenda a tele, nin coma nin beba nin fume nin diga pecados…abonda con que pasee por Pontevedra.
Pontevedra é unha vila fermosa, encantadora, limpa, tranquila, peonil e segura…pero non se fíe. Andar por unha rúa peonil en Pontevedra pode ter consecuencias tráxicas malia que lhe digan que vostede, peón, ten absoluta preferencia sobre calquera tipo de vehículo, pero, repito, non se fíe. Un patinete ou unha bici é un salvoconducto para circular por estas vías en calquera dirección e a todo canto dá. Cantas veces che vén un tipo de fronte, a vista en lontananza, e dando por sentado que nenos, velhos e demais, tenhen que apartar ó seu paso. Iso cando non che vén por detrás e che pasa rozando ou tira contigo…E NON LHE DIGAS NADA! que, lonxe de desculparse, ponte a parir.
Logo están os globeiros (non os de GLOVO). Globeiros, para os ciclistas de verdade, son aqueles que, na fin de semana saen á estrada provistos de casco, mailhot, coulote, calzado caro, bici de fibra de 2000€ e demais equipación. Van ata Poio, Marín ou Vilaboa ida e volta e toman un merecidísimo descanso nun velador chupando unhas cañas. Isto non tería maior importancia se non fora que atoran a beirarrúa coas súas rutilantes bicis non deixando paso para os sufridos peóns. E non lhes digas nada!
A raíz dun artigo que alguén publicou neste medio, o concelho exerceu unha certa vixilancia e a cousa melhorou, pero, coma sempre, os munícipes baixaron a garda e estamos na mesma ou peor; os ciclo-patineiros ampliaron os dereitos adquiridos e tenhen como deporte de última xeración circular a grande velocidade por entre a xente. Xa levan atropelados a moitos e a cousa vai a peor. Os peóns non contamos; só somos obstáculos vivintes, estorbos. Mesmo atravesan montados os pasos de cebra driblando ós peóns alegremente. É normal atopar ximcanas e carreiras en rúas peoniles como Michelena, Bieito Corbal ou praza da Peregrina e aledanhos. Algúns recoméndanche que saias á rúa e socialices, respires aire puro (En Pontevedra isto non é moi doado), vaias pola vida cun sorriso de orelha a orelha aínda que te tomen por lelo. Outros, que te peches na casa pois o mundo está cheo de desgrazas, tal como contan os medias a diario. Por outra banda, o Sergas receita, a todo o mundo, os remedios máis baratos (beber moita auga e caminhar).
Pero a cousa vai a peor. Eu xa escoitei polas costas o aviso (Ei!) dun patineiro impaciente por pasar. Todo isto, na beirarrúa.
Disque Pontevedra é unha cidade sen apenas atropelos. Seica é polas medidas adoptadas (lombos, balizas, límites da velocidade). Non o ponho en dúbida, mais eu coido que se non hai máis accidentes é porque os peóns nos fixemos, máis que prudentes, desconfiados. Eu levo bastón, máis que nada para que me vexan. Non me vale de moito. Moitas veces teño parado no medio da calzada,encima do paso, a esperar que pase o senhorito. Mentras non os vexo parados ou con clara intención de facelo, non paso. Non vos fiedes dos pasos cebras, sobre todo, pola manhá cedo que vai todo quisque con présa e sen acordar de todo.
Din que todos somos bos de peóns pero agresivos ó volante. Non concordo. Eu coido que o que boa persoa de peón, tamén o é de conductor. Claro que sempre queda algún que, tan pronto se ve dentro duna lata con rodas, xa se cre Deus.
Despois están os cans, pero iso merece capítulo aparte. Nesta vida cheguei a unha conclusión: non hai cans malos; hai donos malos.
Lembro as penurias que pasou o gran José Isbert na película El Cochecito. Hoxe non tería problema cun deses molóns scooters eléctricos para persoas de mobilidade reducida. A película é extraordinaria. Merece volver a ser vista.
Ata outra.