Asociación O Chedeiro: As administracións non queren axudarnos

26 de noviembre 2020
Actualizada: 18 de junio 2024

O próximo día 30 de Novembroa> cumpriranse cinco anos desde que a Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns (Pontevedra) comezou a reclamar o arranxo da Ponte Malvar e o seu contorno (un trazado antigo da N550 que foi Camiño Real).

O próximo día 30 de Novembro cumpriranse cinco anos desde que a Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns (Pontevedra) comezou a reclamar o arranxo da Ponte Malvar e a súa contorna (un trazado antigo da N550 que foi Camiño Real).

Cinco anos de espera nos cales fixemos infinidade de peticións ás administracións que teñen competencias neste lugar, Ministerio de Fomento e Concello de Pontevedra.

Pero ata cando teremos que esperar ? Ata cando as familias que habitan nesta contorna non terán os servizos mínimos como calquera outro lugar ?

Desde a Asociación de Veciños O Chedeiro reclamamos a urxente reparación da Ponte Malvar, o seu lamentable estado está a pedilo desde hai moito tempo. Para nós é primordial o mantemento do noso Patrimonio, para as administracións e os seus representantes parece ser que non.

Como se pode ver no enlace, son muitísimos os apoios que recibimos últimamente, tantos a nivel individual, como a título empresarial, asociacións etc...

No meu blog persoal hai toda a información relacionada coa Ponte Malvar é o Camiño Real :

https://roquecerponzons.wordpress.com/2016/11/04/mocion-presentada-por-cs/

Un saúdo desde a milenaria parroquia de Cerponzóns.

 

Juan José Esperon Recarey 

Secretario da Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns.