Rajoy pide dende Vilagarcía o apoio para Alfonso Rueda
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O expresidente do goberno, Mariano Rajoy, protagonizou este venres un paseo por Vilagarcía para solicitar o apoio para Alfonso Rueda nas eleccións do 18 de febreiro.
Acompañado pola Secretaria Xeral do PP de Galicia, Paula Prado, o Presidente Provincial, Luís López, a Secretaria Provincial, Luísa Piñeiro, o candidato vilagarcián, Raúl Santamaría, a voceira local, Ana Granja, e os concelleiros populares de Vilagarcía, Rajoy visitou diferentes rúas e negocios do municipio para poñer en valor a importancia das medidas do goberno de Alfonso Rueda e do PP de Galicia á fronte da Xunta para impulsar e apoiar os negocios de proximidade.
Neste sentido, o candidato vilagarcián Raúl Santamaría destacou que "iniciativas como o bono activa comercio, que mobilizou preto de 12 millóns de euros, ou o bono deporte, entre outras iniciativas, axudaron a dinamizar os establecementos de proximidade", engandindo que "esta é a liña na que queremos seguir, ampliando estas axudas con outras novidades como o bono actívate, destinado aos maiores de 65 anos".
Ao longo do paseo foron moitas as persoas que se pararon a saudar a Mariano Rajoy, mostrándolle o seu cariño e admiración.