Un parque de verán, unha praia fluvial e un camping, proposta estrela do PP para Verducido
Por Alejandro Espiño
Membros da asociación SondeXeve foron os primeiros en coñecer as propostas para a parroquia de Verducido que incluirá o Partido Popular no seu programa electoral. Os populares apostan por unha actuación "ambiciosa", segundo Jacobo Moreira. Pretenden converter o ámbito do Pontillón do Castro nun "punto neurálgico" do turismo de ocio no municipio.
Para iso, Jacobo Moreira avanza que o PP propoñerá crear, aproveitando os arredores do encoro pontevedrés e parte do monte comunal de Verducido, un parque de verán. "Pondría en valor toda esta zona y su riqueza paisajística y forestal, contribuyendo a generar empleo rural", explicou o candidato popular aos responsables deste colectivo.
Por agora, recoñece que "no hemos entramos en detalles". Adianta que o primeiro sería chegar a un acordo coa comunidade de montes, propietario do terreo forestal adxacente á pista deportiva "y a partir de ahí explorar una fórmula para explotarlo", que pasaría por unha concesión privada ou porque fose xestionada directamente pola comunidade de montes e o propio concello. "Sería un referente no solo en Galicia, sino también en toda España", di Moreira.
Ademais, o Partido Popular propón recuperar a idea de crear unha praia fluvial na zona, "algo que quedó en el cajón hace años", habilitar un servizo de aluguer de bicicletas, ou crear un cámping. Neste sentido, apuntou mesmo achegar por "algo más moderno que está teniendo mucho éxito en otras zonas de España" como o glamping, apartamentos en casas de madeira.
Moreira cre necesario tamén chegar a un acordo coa Federación galega de Piragüismo para pactar un uso conxunto da pista deportiva do Pontillón do Castro "respetando los días reservados a competición", xa que propón que todo este parque de verán conte cun servizo de aluguer de barcas ou que se permita o esquí acuático no encoro.
Relacionadas:
-
Destapar o río Gafos e crear un parque lineal, proposta do PP para o barrio de Campolongo
Por Alejandro Espiño |
-
O PP apostará por impulsar a creación de espazos en materia de cooperación
Por Redacción |
-
Moreira fíxase na Zona Franca de Vigo para o seu modelo económico e empresarial para Pontevedra
Por Redacción |