O turismo como motor para reactivar a economía de Marín, no programa electoral do PP
Por Oskar Viéitez
A candidatura do Partido Popular de Marín inclúe no seu programa a potenciación do turismo como motor para reactivar a economía do municipio.
Entre outras medidas propoñen continuar coa mellora nos entornos das praias, tratando coidar cada no máis a limpeza, os socorristas, a inversión nas actividades complementarias, kayaks, zonas de xogos, e máis actividades de cara o ocio infantil e xuvenil con zonas wi fi e maior accesibilidade en bici, facendo rutas atractivas, facilitando aparcadoiros e potenciar a hostelería nas cercanías das praias.
Ademáis compromete incrementar as actividades culturais, de ocio, deportivas e potenciar a oferta das festas de Marín durante máis meses do ano, reactivando os Mercados Municipais de Marín e de Seixo, os mercadillos, as feiras e as actividades no Multiusos da Praza.
Os populares sinalan que "aínda que non resulta posible realizar unha infraestructura náutico-deportiva", seguirán a potenciar o Porto Deportivo de Aguete complementando os seus servizos.