A participación de 776 votantes fixa as liñas vermellas dos pactos postelectorais de Marea Pontevedra
Por Redacción
Un total de 776 persoas persoas exerceron nos dous últimos días o dereito democrático ao voto no colexio electoral instalado por Marea Pontevedra para fixar as 'liñas vermellas' que non están dispostos a saltar nos futuribles pactos postelectorais. A intención é elixir, entre todos, as cuestións que consideran centrais para o goberno que se cree en Pontevedra logo das eleccións do 24 de maio.
A mesa coa urna instalouse con motivo dunha data moi simbólica, o aniversario do inicio do movimiento do 15M, e prolongáronse ao longo do día do sábado 16 de maio, dous días consecutivos que se converteron en xornadas democráticas de republicanismo cívico sen precedentes na historia da cidade. "Por vez primeira a xente votou e decidiu aquelas cuestións que considera centrais para o futuro goberno da cidade", sinalan dende Marea Pontevedra.
O interese dos cidadáns motivou que dende a organización tivesen que ampliar a apertura da mesa electoral da praza da Peregrina. Ao longo das dúas xornadas recibiuse unha grande afluencia de votantes, mesmo con personas doutras formacións políticas, que chegou a xerar colas.
Marea Pontevedra ven nisto "a demostración do interese da xente pola política e por non querer delegar en ninguén o seu dereito a decidir" e reivindica que con esta votación quera contrapoñer a vontade da cidadanía aos acordos baseados no reparto de intereses partidarios.
Os votantes elixiron cinco entre os once temas centrais que Marea Pontevedra pensa que deben ser innegociables no futuro goberno local: maior participación (novo regulamento de participación cidadá e orzamentos participativos), políticas de transparencia (auditoría das contas do concello), plan de emerxencia social contra pobreza e polo emprego, xestión directa e pública da auga e do lixo, rede básica de servizos nas parroquias do rural, aprobación do PXOM na lexislatura, recuperación integral da fachada litoral da ría, recuperación ambiental dos ríos e das xunqueiras, protección do monte da Fracha (paralización A-57), rede de transporte público integral e interparroquial e non renovación do convenio coa praza de touros
En función dos votos obtidos, ordenaranse por orde de importancia. As cinco propostas máis votadas convértense nun compromiso de obrigado cumprimento para os concelleiros de Marea.
Relacionadas:
-
Marea renova a súa estrutura interna
Por Redacción |
-
Marea Pontevedra suma medio centenar de apoios cívicos
Por Oskar Viéitez |
-
As Mareas de Pontevedra e Marín reclaman un carril bici entre Mollabao e Aguete
Por Oskar Viéitez & Daniel Santomé |
-
Marea Pontevedra encargará un Plan Estratéxico para cambiar a "dramática" situación do emprego
Por Oskar Viéitez |
-
A cidadanía marcará as "liñas vermellas" de Marea Pontevedra nos pactos postelectorais
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
A candidatura de Marea Pontevedra asina o Código Ético e anuncia unha consulta cidadá sobre os acordos postelectorais
Por Oskar Viéitez |