Luis Rei: "Marea é a garantía para que en Pontevedra non haxa unha maioría absoluta"
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez
Os membros da Marea instalaron este mércores unha barca na praza da Peregrina "pretendendo facer visible o avance social da marea coa participación da xente".
Co lema de Mareas Vivas ou A Marea Medra, o candidato á Alcaldía desta formación política, Luis Rei, afirmou que "Marea é a garantía para que en Pontevedra non haxa unha maioría absoluta".
Ademais esta acción serviu para denunciar "o ataque que está a recibir o sector primario", en concreto, as críticas centráronse na presenza do complexo industrial de Ence e Elnosa en Lourizán, e nos recheos do Porto de Marín.
Os membros de Marea apoiáronse nos testemuños de dúas mariscadoras dos Praceres, María Castro e Benita Rosales, que explicaron como un dos bancos marisqueiros máis produtivos de Galicia que daba emprego a 900 persoas, pero que a día de hoxe apenas chega a 400 mariscadoras.