O PSOE de Marín "pon cara" ás árbores que serán talladas na Avenida de Ourense
Por Oskar Viéitez
Este mércores o Partido Socialista de Marín, coa súa candidata Luz Santiago, realizou un acto reivindicativo para alertar os veciños da próxima talla de 40 árbores e da colocación dunha caseta de grandes dimensións na Avenida de Ourense.
O acto consistiu na "personalización das árbores", coa colocación de caras en aqueles exemplares que se van tallar, á altura do tramo da escultura da Carrexadora.
O motivo desta talla de arbores e da colocación da caseta é a mellora do colector xeral, unha obra que entenden como "necesaria", aínda que avogan por recuperar o acordo inicial para que substitúa o actual colector que discorre por dentro do vial do Porto, o cal se manterá para uso exclusivo deste, pero que verterá no pozo de retención do paseo. O novo discorrerá case integramente polo propio paseo da avenida de Ourense.
Os socialistas critican que fronte a este convenio e a solución do anterior goberno, "o goberno do partido popular prefire cortar as arbóres".