De Dubái a Hong Kong, premios para unha Pontevedra convertida en referente
Por Redacción
2015 foi, en canto ao seu modelo urbano, o ano máis internacional de Pontevedra. A cidade consolidouse nestes últimos doce meses como un referente mundial en materia de mobilidade, accesibilidade e seguridade viaria.
En Dubái, o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores comezou unha xira que finalizou en París en decembro, capital onde asinou a súa adhesión a unha rede de cidades comprometidas co medio ambiente.
Xusto antes da presenza pontevedresa no Cume do Clima de París, Pontevedra foi premiada en Hong Kong co premio Cidade de Mobilidade Intelixente Euro-China 2015. En China, recoñeceuse a recuperación dos espazos públicos da cidade, o aumento das posibilidades de mobilidade, a promoción dun estilo de vida máis saudable, o reforzo das políticas de seguridade viaria e a redución de gases e emisións á atmosfera.
Alén do mundo, en Nova York, Lores recolleu en maio o premio á Excelencia que entrega anualmente o Centro para o Deseño Activo, un organismo dependente da fundación de Michael Bloomberg, ex alcalde da Gran Mazá. Para eles, Pontevedra é "pioneira" en aplicar as directrices que promoven, o uso de solucións relacionadas co plan urbano e arquitectónico para mellorar os hábitos saudables dos cidadáns.
A Nova York, Pontevedra viaxou tres meses despois de chegar de Dubái. Nos Emiratos Árabes recolleu o premio ONU-Hábitat, o maior recoñecemento internacional que recibiu o modelo urbano pontevedrés. O premio recoñecía o traballo en materia de innovación, inclusión social ou calidade urbana e que se trata dun modelo "transferible", é dicir, que pode ser executado noutros municipios sen ningún tipo de problema.
Ata aquí chegou, polo momento, un percorrido que a nivel internacional comezou en febreiro de 2013 co premio Intermodes, entregado en Bruxelas.
Ademais destes premios, no último ano Pontevedra presentou o seu modelo urbano con éxito en Madrid, Bilbao, Alacante, Porto, Múnic ou Veracruz (México).
Relacionadas:
-
Un premio en Shenzhen e unha conferencia en Pekín, novos fitos de Pontevedra na China
Por Alejandro Espiño |
-
Lores convértese nun "heroe" para os alcaldes de Corea do Sur
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez |
-
Badajoz, Louvain, Burgos, Granada e Narón, novas citas do modelo de cidade
Por Redacción |
-
Santiago fíxase en Pontevedra para reducir o tráfico no centro da cidade
Por Alejandro Espiño |
-
Onde está Lores? Atopa ao alcalde no Cumio do Clima de París
Por Redacción |
-
Pontevedra, premiada en Hong Kong: Lores recolle un novo galardón ao modelo urbano
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra conquista Nova York: "Sodes un modo de dicirlles a moitas cidades que podemos facer iso"
Por Alejandro Espiño |
-
Dubái 'coroa' o modelo urbano de Pontevedra co premio ONU-Hábitat
Por Alejandro Espiño |