![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/eff/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgJyq/Lzc52L8gt0zCwMdI_/_wNDHSSU/NKUot0SvILlKxrAQ==_/57d6905abb-20160912_112758.jpg)
© PontevedraViva
En Marea fala do inicio do curso como "o día do fracaso escolar"
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
A candidata de En Marea por Pontevedra, Julia Torregrosa, leu unha declaración institucional acompañada de outros membros da candidatura diante do Colexio Educación Infantil e Primaria Álvarez Limeses.
Aproveitando a xornada de inicio do curso escolar "con máis incertidumes que seguranzas", a candidata de En Marea fixo unha defensa da educación pública e sinalou que esta data "podería ser institucionalizada coma o día do fracaso escolar debido á inoperancia, a mala fe e a aposta ideolóxica dun goberno que non entende o ensino como un dereito senón como un espazo-depósito".
O compromiso electoral de En Marea é "velar pola mellora do ensino público, gratuito, de calidade e comprometido co país".
Así En Marea afirma que o gobernó da Xunta que eles lideren suspenderá o calendario de aplicación da LOMCE e traballará para a súa derogación. Ademáis derrogarán o actual decreto de plurilingüismo e apostarán pola promoción e recuperación da língua galega. Tamén din que apostarán pola Formación Profesional "actualizada e de calidade" e recuperarán a gratuidaade universal dos libros de texto.