O BNG aposta por crear un gran parque urbano natural na Xunqueira da Gándara
Por Redacción
O candidato do BNG á Alcaldía de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, visitou este mércores a Xunqueira da Gándara (Alba) para anunciar que a súa prioridade en materia de parques naturais para o vindeiro mandato é sacar todas as posibilidades a este espazo retirando as concesións actuais e crear un gran parque urbano natural.
Ademais, o BNG propón habilitar un novo parque forestal no norte do concello e de impulsar e manter os parques da Fracha (de 200 hectáreas), A Tomba (70 hectáreas) e de Pontillón do Castro que teñen un papel fundamental na prevención de lumes forestais, política coa que contribuirá o BNG coa plantación dun millón de árbores autóctonas na contorna dos núcleos rurais habitados
"En catro anos temos que dar un salto adiante na recuperación, posta en valor e achegamento dos espazos naturais á cidade", dixo Miguel Anxo Fernández Lores.
O candidato explicaba esta mañá no novo miradoiro do paseo central do río Rons na Xunqueira que coincidindo co final da concesión de Costas "queremos recuperar a Gándara para uso cidadán". Nesta andaina, engadiu, é preciso ir acompañado doutras administracións, especificamente o Ministerio de Transición ecolóxica.
Costas "ten que permitir os proxectos que queremos facer aquí", como a mellora do arborado, a posta en valor do tramo final do río Rons ou posibilidade de crear unha zona de baño cos condicionantes específicos de estar nun espazo natural como o ENIL da Xunqueira da Gándara, entre outros.
Ademais dos terreos en mans de distintas administracións (Fomento, Tráfico, Deputación ou mesmo Costas), o candidato apuntou á necesaria negociación coa comunidade de montes de Lérez para dar un uso de esparexemento á parcela que a comunidade ten neste enclave natural.
"Os pontevedreses temos a vantaxe de ter un espazo como a Xunqueira da Gándara ao lado da cidade. Hai que sinalizalo, mellorar os seus accesos, e vai ser complementado cun aparcamento de balde e en superficie que xa estamos negociando con Costas preto da Ponte do Burgo, na rúa Martín Códax", explicou o candidato á Alcaldía do BNG.
Relacionadas:
-
O Concello renovará a rede de sendas peonís da Xunqueira de Alba
Por Redacción |
-
O BNG demanda á Xunta que libere os terreos de dominio público que ocupa na Xunqueira de Alba
Por Redacción |
-
Lores pecha a campaña das municipais cunha xuntanza co tecido asociativo da cidade
Por Redacción |
-
"Que a xente vote pensando en Pontevedra e no seu futuro. Será nós ou o caos"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Ana Pontón afirma que o BNG é a "garantía" para que Pontevedra "siga avanzando"
Por Alejandro Espiño |
-
Para o BNG será unha "prioridade absoluta" o mantemento dos espazos públicos
Por Redacción |
-
O BNG porá en marcha "no prazo máis curto posible" o seu transporte a demanda
Por Alejandro Espiño |
-
O BNG aposta por modernizar a administración local para atender as novas prioridades da sociedade pontevedresa
Por Redacción |