Pedida de man, inauguracións, roubos surrealistas e VOX, entre o máis lido do 2019
Por Redacción
A noticia máis lida do ano tivo final feliz. Eran as 19.30 horas do 30 de agosto coa Praza da Peregrina chea de xente cando Tania pediulle Alex subirse ao atrio da capela. Alí apareceron familiares e amigos, el pensou que se trataba dunha celebración de aniversario pero Tania sorprendeuno ao axeonllarse, sacar unha caixa cuns xemelgos de compromiso e pedirlle matrimonio. Álex aceptou, non sen antes chancear con saír correndo cara a un estanco próximo. O amor triunfou.
Menos divertido foi o episodio que afectou ao ilustre cociñeiro Pepe Solla. O chef foi banco dunha choiva de insultos a través das redes sociais despois de compartir unha foto na que se posicionaba publicamente contra o machismo e a postura de VOX sobre a violencia machista. O cociñeiro compartiu un cartel no que reflectía que o seu restaurante era un espazo "libre de violencia de xénero", engadindo de maneira manuscrita "e de VOX". Tras a súa publicación, o cociñeiro comezou a recibir insultos e malas críticas hacia o seu restaurante a través da plataforma Tripadvisor. O pontevedrés resolveu a polémica asegurando que "nunca quixen polemizar", só quería mostrar unha posición "moi clara" en contra da violencia machista.
O terceiro chanzo do podio ocúpao a parodia realizada polos médicos residentes de Pontevedra no que adaptaban a letra da canción Malamente, de Rosalía, para plasmar as dificultades que atravesan cada día durante o exercicio da súa profesión. En só cinco días, o seu videoclip Residente lograra máis de 9.000 visualizacións.
A súa elegancia e beleza convértenos nuns dos veciños máis fotografados da cidade, pero este ano unha parella de gansos do Nilo converteuse nunha auténtica celebridade cando saíron de paseo pola cidade coas súas catro crías. Tres axentes da Policía Nacional escoltaron ás aves ata o río Gafos, protexéndoos mentres cruzaban a calzada e mesmo collendo aos pitos en brazos mentres os seus proxenitores camiñaban por diante. Todo iso baixo a perplexa mirada dos peóns.
A convocatoria dunha churrascada gratuíta servida por camareiras en topless no club de alterne Mont Parnasse provocou un terremoto a nivel estatal. O Concello de Meis non tardou en suspender tal celebración alegando a carencia de autorización municipal da zona chillout que pretendían inaugurar con esta festa. A alcaldesa Marta Giráldez engadiu que ademais da falta de permiso, a celebración incumpría a Lei de Espectáculos de Galicia, que " prohibe expresamente actividades como esta, que son denigrantes para a muller".
Unha mala noticia para o comercio tradicional en Pontevedra foi o peche dunha das cadeas de Inditex durante o verán. O 31 de xullo Utherque, que abrira no 2009, pechou as súas portas para sempre na rúa Benito Corbal. O baixo volume de vendas motivou o peche e o grupo empresarial negociou coas seis traballadoras o seu despedimento ou recolocación noutra cidade ou noutras empresas da multinacional
Aínda máis polémica foi a decisión do párroco de Lérez de impedir a unha freguesa ler unha carta de despedida ao terminar o funeral do seu pai. O xesto do cura provocou unha reacción de indignación entre os asistentes que acusaron o relixioso de "falta de humanidade". Desde a propia funeraria xa alertaran de que non era a primeira vez que prohibía un acto deste tipo, a filla tratou de ler igual o seu escrito e o párroco chegou a agarrala do brazo para evitalo, momento no que o resto de fregueses interviñeron para tentar facelo recapacitar.
Relación coa despedida aos seres queridos garda a seguinte noticia máis vista, aínda que neste caso non houbo ningún tipo de enfrontamento. A inauguración do ampliado tanatorio de San Mauro, agora Tanatorio Pontevedra, foi toda unha festa. A presentación destas novas instalacións foi conducida polo popular presentador e actor David Amor. No acto interviñeron Juan Perdiz, xerente de Servizos Funerarios San Marcos-Tanatorio Pontevedra, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores. No patio de butacas, unha ampla representación da sociedade pontevedresa, entres a que se atopaban Rafa Domínguez, Goyo Revenga, Jorge Cubela, Andrés Díaz, José Manuel Cores Tourís, Lupe Murillo ou José Benito Suárez Costa.
Un dos roubos máis raros e cómicos da década tivo lugar en novembro do 2019. O inquilino dun piso de Pontevedra alertou á Policía Local ao sentir como tradeaban a parede da súa casa. Alí presentáronse os axentes e o denunciante explicoulles que notou como tradeaban a parede do seu salón e, acto seguido, quedou sen sinal de televisión. Os policías acudiron á vivenda contigua e puideron comprobar que o cable da antena desa vivenda procedía do piso do denunciante. Desconectáronos e devolvérono ao seu lexítimo dono, sen que nin o inquilino, o propietario nin os propios axentes interpuxesen ningunha denuncia.
O ano que toca ao seu fin estivo marcado polas convocatorias electorais, que tiveron acento galego. O xornalista pontevedrés, Xabier Fortes, foi o encargador de conducir o debate entre os catro principais candidatos a presidente do Goberno en abril 2019 nun debate producido por RTVE. Ao día siguietne, Fortes analizou para PontevedraViva os detalles da xornada, por que vestiu unha gravata granate e por que pechou a emisión cunha despedida en galego.
A medicina galega tivo tamén a súa dose de protagonismo durante este ano. Non só polas folgas dos profesionais, os problemas de funcionamento da Atención Primaria ou as longas listas de espera, o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra fixo historia por aplicar por primeira vez en España unha terapida de células nai para tratar a unha persoa enferma de Crohn que sufría unha fístula perianal complexa.
O lanzamento de Beflamboyant, o proxecto de dous emprendedores pontevedreses para vender zapatillas respectuosas co medio ambiente, captou tamén a atención dos lectores. Tatiana González e Jorge López idearon esta marca despois de coñecer as condicións laborais dos traballadores do téxtil no Caribe. Lograron financiamento a través de plataformas de micromezenazgo, gañaron un premio en Pont- Up Store e xa teñen en funcionamento a súa tenda online para vender zapatillas modernas, ecolóxicas e pontevedresas.
Outra gran inauguración na cidade marcou o 2019. A multinacional Burger King abriu en setembro, entre a Avenida de Lugo e Juan Carlos I o seu segundo restaurante na cidade. Trátase dunha establecemento equipado con Autoking e iniciou a súa actividade con 34 traballadores
A árbore que se transformou en trasno pecha a lista das noticias máis lidas do 2019. Despois de máis dun mes de traballo, o artista Santiago Castro deu por finalizada no mes de maio a súa obra na que converteu o abeto de Douglas dos xardíns de Marescot, fronte á entrada do Ambulatorio VIrxe Peregrina en Gerardo, un trasno de xardín.