RADIO.- PontevedraViva Radio segue crecendo con podcast de entretemento e actualidade
Por Redacción
A audiencia dos contidos en podcast segue en progresivo incremento como sinalan os estudos de mercado que se realizan respecto diso. Un oínte que escolle como e cando consumir estes contidos de audio e que se corrobora tamén nas analíticas de PontevedraViva Radio. Isto é, en maior número opta pola descarga do podcast (programa) que pola reprodución en streaming, sexa directo ou a demanda.
Ben para descargar ou reproducir en streaming, estes consumidores escollen dous tramos horarios; entre primeiras horas da mañá e o mediodía e unha segunda franxa horaria de media tarde e os teléfonos móbiles son os dispositivos máis utilizados para acceder a este tipo de contidos. Máximas que tamén se reflicten nas nosas audiencias.
Este perfil de usuario busca entretemento en primeiro termo. Unha destas opcións son os contidos musicais e desde PontevedraViva Radio este 2021 incorporamos máis programas - de produción propia e redifusións - deste tipo. Foi o caso de 'El Trastero', producido e presentado por Luís López Ortíz que coa música como fío condutor, fala tamén de libros, películas e series. E 'Os dez lanzamentos' que semanalmente recompila dez novidades musicais lanzadas ao mercado.
O entretemento búscase igualmente entre as afeccións - incorporamos esta tempada a redifusión de 'Fondo Norte Podcast' - e evidenciámolo en escoitas que tiveron este ano programas como o dedicado ao fútbol veterano co vicepresidente da RFGF, José Manuel Fernández; aos xogos de rol, co pontevedrés Sirio Sesenra; á afección taurina no faladoiro estival das 'Conversas na Ferrería', ou a lectura co autor Manu Sierra.
Ademais de ofertar entretemento, PontevedraViva Radio dá visibilidade a nomes propios próximos e que tamén suscitaron notable interese como foi o biólogo molecular Miguel García González, o novo artista multidisciplinar Alexandre González, ou os músicos Anxo Araújo e Miguel Froján. Cuestións relacionadas coa pandemia provocada pola covid-19 igualmente mereceron boa atención desde 'Mentres isto dure'.
Non só achegámonos á audiencia a través de internet; aínda que as circunstancias pandémicas limitaron ao extremo esta posibilidade, neste 2021 achegamos 'in situ' o xornalismo dixital a escolares do CEIP Praza de Barcelos e facemos visibles e audibles os nosos contidos a través da plataforma Ivoox.
Relacionadas:
-
RADIO.- Alumnado do CEIP Praza de Barcelos deixan constancia das súas preocupacións e afeccións nun podcast
Por Oskar Viéitez & Marisa Ciordia |
-
RADIO.- Violeta Mosquera: unha 'Playlist' en feminino coa pregoeira das festas da Peregrina
Por Cristina Saiz & Marisa Ciordia |
-
RADIO.- Falamos da vacinación covid-19 para menores coa Sociedade de Pediatría de Galicia
Por Marisa Ciordia |