O lugués Esteban Basanta brilla no Mundial Sub-23 que gaña o alemán Simon Henseleit
Un deportista galego, Esteban Basanta, foi protagonista no Campionato do Mundo Sub-23 de Tríatlon disputado este sábado no marco da Gran Final das Series Mundiais de Pontevedra.
O lugués, formado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, elevou o balbordo do público pontevedrés ao longo de todo o percorrido, loitando desde o inicio polos postos de podio e finalizando nun meritorio cuarto lugar, aínda que embazado por unha descualificación reclamada pola Federación Española de Tríatlon.
"Houbo algún problema porque parece que tracei en algures da bici por fóra do circuíto, pero como todos viron era un pelotón moi grande, cada un ía loitando pola posición e nun momento da carreira empuxáronme para fóra do circuíto, pero non é que tivese elección, era ou caerme ou saír por fóra dos conos", explicou o propio Basanta tras cruzar a liña de meta.
En canto á carreira "a verdade é que a carreira foi un espectáculo vivila desde dentro. Durante todo o circuíto, que era moi grande, tiña xente coñecida gritando o meu nome e fun anestesiado as dúas horas de carreira", explicou aos medios de comunicación españois.
Nin sequera a polémica pola descualificación borrou o seu sorriso da cara, e é que "estou moi contento co resultado, eu creo que reflicte o nivel ao que estou a traballar nas últimas tempadas. Medalla non teño e non ma vou a levar, o mellor que teño é a actuación que fixen e devolverlle á xente o agarimo que me deu, con iso son feliz", afirmou.
O ALEMÁN SIMON HENSELEIT, CAMPIÓN DO MUNDO
Era só a proba sub-23, que precedía á Gran Final Elite Masculina, pero a Boa Vila botouse xa á rúa para vibrar da alta competición. Como fixo moitas veces e como volveu a facer este sábado.
Tras unha natación dura no Lérez, con moita pelexa pola posición, e coa gran esperanza local situada no grupo de cabeza (saíu sexto da auga), no ciclismo formouse un numeroso grupo de ata 25 deportistas.
Así se chegou ao terceiro e definitivo sector, os 10.000 e espectaculares metros de carreira a pé polo centro da cidade. Foi aí onde enseguida o alemán Simon Henseleit tomou a dianteira. Tentouse pegar a el Esteban Basanta, aínda que foi cedendo terreo mentres por detrás remontaba o francés Baptiste Passemard.
Ao final Henseleit levou o ouro cun tempo de 1:45:18. Tras el a 13 segundos entraba Passemard e terceiro a 24 segundos o neerlandés Mitch Kolkman, prata e bronce respectivamente. Seguíalles Basanta, que se tomou un tempo para agradecer ás bancadas o apoio recibidio. Era un dos protagonistas do día, aínda que non pisase finalmente o podio de honra.
Relacionadas:
-
O triatleta do CGTD Lucas García Picón, na UCI tras sufrir un accidente mentres adestraba
Por Redacción |
-
Optar a repetir outra Gran Final das Series Mundiais?: "Está aberta esa posibilidade"
Por Diego Espiño |
-
"As próximas sedes terán que mirar a Pontevedra para ver como facer unha Gran Final"
Por Diego Espiño |
-
Beth Potter reina en Pontevedra e pon o broche a unha inesquecible Gran Final das Series Mundiais
Por Diego Espiño & Mosrey Fotografía |
-
Unha caída saíndo do hotel deixa sen Gran Final á galega Sara Guerrero: "Era o día máis importante da miña vida"
Por Diego Espiño |
-
Posto 16 para Natalia Castro nun Mundial Sub-23 gañado pola alemá Klamt: "Hoxe non tiña máis pernas"
Por Diego Espiño & Mosrey Fotografía |
-
Os Grupos de Idade botan o resto para dar cor e bo ambiente ás Series Mundiais
Por Diego Espiño & Mosrey Fotografía |
-
Pontevedra, ateigada, exhíbese ao mundo nunha emocionante Gran Final Masculina
Por Diego Espiño & Mosrey Fotografía |
-
Os triatletas réndense a Pontevedra: "Nunca vivira unha carreira así, con tanta xente animando"
Por Diego Espiño & Mosrey Fotografía |
-
O Mundial de Paratriatlón deixa imaxes espectaculares nas rúas de Pontevedra
Por Redacción & Mosrey Fotografía |
-
Susana Rodríguez perde o ouro mundial en paratríatlon por unha polémica sanción: "É unha vergoña"
Por Diego Espiño & Mosrey Fotografía |
-
A Boa Vila é unha festa deportiva… e cultural
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Os grupos de idade, os primeiros en vivir a festa do tríatlon
Por Diego Espiño & Mosrey Fotografía |
-
Mires onde mires... Hai un triatleta en cada esquina
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Chegou o día! Pontevedra vive con "orgullo colectivo" o inicio da Gran Final das Series Mundiais
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Cinco galegos nunha armada española que afronta sen complexos a Gran Final: "É como correr no patio da casa"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Natalia Castro, a gran esperanza local na Gran Final: "Sairei a gozar e o resultado virá por si só"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |