Desafiuzamento e mudanza á luz das lanternas e en bolsas de lixo
Susana perdeu o seu emprego e tardou un ano en percibir a RISGA, o mesmo tempo que debe de aluguer, así que un xuíz ordenou o seu desafiuzamento, pero ninguén lle notificou cando. Este mércores presentáronse na súa casa, encontrárona en pixama e só puido vestirse e coller o gato. Pola tarde permitíronlle recoller as súas cousas, unha hora para gardar en bolsas de lixo toda a súa vida.