O BNG festexa a súa contundente vitoria electoral en Pontevedra
Pouco despois das dez e media da noite, na sede do BNG en Pontevedra soaba un aplauso atronador. Os resultados xa eran definitivos. Miguel Anxo Fernández Lores, cun 43,08% dos votos e doce concelleiros, quedaba ás portas da maioría absoluta. E pouco despois, exultante e sen poder conter a alegría por este resultado, Lores comparecía ante a prensa como flamante gañador das eleccións municipais
© Mónica Patxot