Meu querido Ravachol, ata o entroido que vén!
Pontevedreses, non esteades tristes. Ravachol xa non está entre nós, pero marchou feliz. Un ano máis, o Entroido animoulle as súas últimas horas de vida. Non volverá ata o ano que vén, pero déixanos unha petición: seguir de festa ata novo aviso. E iso comezaron facer os centos de pontevedreses que, onte á noite, asistiron ao tradicional velorio e incineración do popular loro, o personaxe por excelencia do entroido en Pontevedra
© Diego Torrado