Concertos de Verán de Soutomaior: Talco, De Ninghures, 9Louro e La Duendeneta
Engadir ao meu calendarioPeirao de Arcade, Soutomaior
Peirao de Arcade, Soutomaior
Este venres 10 de xullo, dende as 20.30 horas, o Peirao de Arcade, acolle os Concertos de Verán Soutomaior 2026.
Un cartel que conta con bandas galegas como De Ninghures, que mestura ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos e magrebís e que está sendo unha referencia no panorama galego.
Formará parte do cartel tamén 9Louro, un proxecto emerxente galego que de seguro vai dar moito que falar e bailar co seu pop urbano, trap, e música electrónica.
E como prato forte Talco, unha banda de orixe italiano da actual escena internacional que se consolidou nos últimos anos como unha das máis importantes de Europa que fai ska e punk cun son contundente con moita presencia de ventos e cunhas letras reivindicativas que farán que este verán sexa inesquecible.
Todo isto completado coa música da Duendeneta ao longo de toda a tarde noite.
Todos os concertos serán de balde e a cita comezará a partir das 20:30 horas no Peirao de Arcade.
Peirao de Arcade, Soutomaior
Máis eventos
Ver máis eventos
Café Moderno de Pontevedra

Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

Ateneo Santa Cecilia, Marín