A directora e guionista de cinema social, Mabel Lozano, presenta en Pontevedra o seu último documental: 'Biografía del cadáver de una mujer' unha curtametraxe baseada na historia real de Yamiled, unha muller prostituída e asasinada por denunciar ao que fora o seu proxeneta. A presentación faise coincidir con este 23 de setembro, Día Internacional contra a explotación sexual e a trata de mulleres e menores.