Cara a cara #214: 25N, contra a violencia de xénero

Radio
18 de novembro 2020
Actualizado: 27 de novembro 2024

Yoya Blanco, concelleira de Igualdade no Concello de Pontevedra.

Cara a cara #214: 25N, contra a violencia de xénero

Estudos en saúde pública sinalan que en momentos de crise, de convulsión social, as violencias interpersoais aumentan. A conxuntura actual encaixa nese resultado e a violencia de xénero tamén o resente. A concelleira socialista Yoya Blanco, delegada de Igualdade no goberno local de Pontevedra, fala de violencias machistas e as iniciativas que este mes se desenvolven ante o próximo 25N.