Tras nove días de viaxe, A derradeira leición do mestre de Castelao xa está no Museo de Pontevedra. Alí será exposto, a partir do 25 de xuño, durante tres meses.
"Hoxe é un día de enorme ledicia porque chegou, despois de moitísimo traballo, a obra cumio de Castelao", destacou o vicepresidente provincial, Rafa Domínguez.
O cadro, trasladado desde Bos Aires a Alemaña en avión de mercadorías e despois na estrada ata Pontevedra, foi recibido polos responsables do museo pontevedrés no medio dun amplo dispositivo de seguridade.
Foron a directora do Museo, Ángeles Tilve, e a restauradora Mercedes del Campo as encargadas de inspeccionar a pintura para comprobar que se atopa nas mesmas condicións que cando partiu do Centro Galicia de Bos Aires.
Durante o seu traslado a obra recibiu os máximos coidados.
O cadro estivo controlado cun xeolocalizador e un dispositivo para saber se recibiu golpes ou o grao de humidade e temperatura que tivo en todo o proceso.
A chegada desta obra, segundo Domínguez, marca un "fito histórico", xa que durante os próximos meses "imos poder contemplar aquí a obra completa de Castelao".

O representante do Centro Galicia de Bos Aires que acompañou o traslado do cadro, Alberto Vázquez López, tamén mostrou a súa emoción ante esta cesión e asegurou que "estamos encantados de que estea neste lugar".
"Así como a emigración arroupou a Castelao no seu exilio político, hoxe está aquí o cadro para que todos os galegos arroupen a súa obra e a veñan a visitar", sostivo.
A exposición do cadro inaugurarase o próximo 25 de xuño. Permanecerá en Pontevedra até o 27 de setembro, data na que regresará a Bos Aires.
A Deputación ten preparada unha ampla axenda relacionada con esta obra e con todo o legado de Castelao que se prolongará durante o próximos tres meses.
Así, entre os días 22 e 23 de xuño celebrarase o seminario Arte, exilio e memoria: Castelao, A derradeira lección do mestre e a emigración galega en América.
Dous días despois da apertura da mostra ao público, o 27 de xuño, está programado un concerto da Coral Polifónica de Pontevedra e o día 28 conmemorarase o plebiscito do Estatuto de Autonomía de Galicia do 1936.
Xa en agosto, o día 17, lembrarase a figura de Alexandre Bóveda polo 90 aniversario do seu fusilamento e, ademais, haberá visitas guiadas, talleres infantís de verán e actividades complementarias da Fundación Bóveda e da Fundación Castelao.

Chegada de 'A derradeira leición do mestre' de Castelao a Pontevedra